Os xerseis de Nadal do PPdeG non son galegos e custan 30 euros

O presidente da Xunta e os dirixentes do PPdeG sorprenderon nun vídeo cun xerseis negros e blancos con motivos natalicios, que se poden mercar nunha tenda 'random' de Internet.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/12/2022 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

O PP galego difundiu este venres a súa felicitación audiovisual de Nadal na que un motorista, que resulta ser o líder do partido, Alfonso Rueda, percorre as catro provincias para recoller desexos da cidadanía. No vídeo hai espazo para un cameo do expresidente estatal Mariano Rajoy, quen en galego combinado cun xogo de palabras diríxese ao titular da Xunta: "Ata logo! Vai sobre 'ruedas'!".


Os xerseis de Nadal de Rueda e da cúpula do PPdeG
Os xerseis de Nadal de Rueda e da cúpula do PPdeG | Fonte: Youtube

A FOTO DE FAMILIA

Pero o que máis chama a atención do vídeo é a foto de familia final. Nel tamén 'actúan' a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e os catro presidentes provinciais do partido: Diego Calvo (A Coruña), Elena Candia (Lugo), Luís López (Pontevedra) e Manuel Baltar (Ourense).

Todos eles xunto con Rueda e en nome do PPdeG, desexan aos galegos un Bo nadal e un próspero ano 2023. E chama a atención o seu atuendo, uns chamativos xerseis natalicios que xa se están poñendo de moda nas redes sociais.

ZARA, LEFTIES, PRIMARK...?

Aínda que podería pensarse que, tirando polo produto feito da terra, os xerseis estarían elaborados en Galicia (por Artesanía de Galicia, por exemplo) ou, alo menos, serían comercializados por algunha das múltiples marcas de Inditex, 'made in' Amancio Ortega, nada máis lonxe da realidade.

Podería pensarse entón que quizáis optasen por algo máis económico, como as propostas que ano tras ano presenta Primark, cadea irlandesa de moda que segue estendéndose por Galicia. Sempre sacan varios diseños de xerseis de Nadal moi semellantes aos que luce no vídeo a cúpula do PPdeG, mais tampouco son desta tenda.

Xersei de Nadal do PPdeG á venta en Internet
Xersei de Nadal do PPdeG á venta en Internet | Fonte: Internet

Entón... De onde son? De jerseynavideno.com. Non, non é broma. Son dunha páxina web de Internet que ten 5.028 seguidores en Instagram e que opera dende Madrid. Trátase dun proxecto con tan só catro anos de vida que surxe dunha experiencia vivida polos responsables da marca en Dublín, un lugar onde o Nadal vívese intensamente. 

Tal e como contan dende a empresa, "alí os xerseis de Nadal son a prenda máis posta dende que entra decembro ata que se vai. Para reunións familiares, ceas con amigos ou simplemente para ir alegremente pola rúa celebrando que xa é Nadal. Mesmo as empresas adoitan ter un día oficial do xersei de Nadal chamado 'Christmas Jumper Day', onde todo o mundo ten que ir cun xersei de Nadal ao traballo".

Parece que Rueda e compañía tamén instauraron o día de Nadal no partido, e non é que lles saise barato. Este xersei en concreto, entre a múltiple oferta que hai na tenda, custa agora 29,90 euros, porque ten desconto. Sen desconto chegaba ata os 45 euros. Calidade, sustentabilidade e respeto ao medio ambiente... Iso aseguran dende a firma, así que polo menos estamos a falar dunha prenda de calidade que de seguro lles servirá para vídeos dos próximos anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta