Recopilación de memes sobre o Nadal galego

Por Ángela Precedo | SANTIAGO | 23/12/2022 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O Nadal é unha época festiva na que a creatividade se desenvolve ao máximo. E se non que llo digan aos nosos e ás nosas 'tik tokers'. Os galegos triunfan nas redes sociais parodiando o máis típico das nosas festas: dende a avoa que sempre quere que os netos coman máis ata, como non podía ser doutro xeito, o alcalde de Vigo e as súas luces que se ven dende o espazo.

Alcalde de Vigo en 'Juego de Tronos'
Alcalde de Vigo en 'Juego de Tronos' | Fonte: Twitter

Dende Galicia Confidencial deixámosche unha recopilación dos que máis non gustaron a nós, comezando, como non podía ser doutro xeito, por Abel Caballero e o aceso das luces, que para este 'tik toker' foi como unha onda vital que arrasou con todo ao seu paso. Viva a orixinalidade!

O ALCALDE DE VIGO, REI DE TIK TOK

@meryfos Respuesta a @begofer1969 ♥️VIVA VIGO♥️ #repunante #Vigo #lucesvigo #navidad #christmas #navidadvigo #abelcaballero #fyp #foryou #tiktok #parati #humor #fypシ #viral #comedia ♬ sonido original - Meryfos

@meryfos deixa frases que son bestiais sobre a retransmisión do aceso das luces de Nadal en Vigo: "Ah, moi ben, para os de fóra, 'Welcome to Vigo'", di cando Abel Caballero comeza a falar en inglés, cun marcado ton irónico. "Virxe Santísima, como alumea", subraia despois de poñerse as gafas de sol para non quedarse cega unha vez que tivo lugar o aceso.

"Eu diríalle que acendesen a árbore nas horas val, porque o mes pasado Maruxa, que ten todo fluorescentes, veulle unha factura de 600 euros, foi un impacto", bromea. "Ai, tamén retransmite o Nadal de Vigo a International Space Station, é verdade, agora que me dou conta, o fillo de Maruxa, Cristovo, dime que cando sube aí a estación espacial lle alumea todo o Nadal de Vigo, iso é verídico", mófase así de cando Caballero di que a Estación Espacial Internacional se está facendo eco do aceso en Vigo.

Finalmente, insiste en que "que alcalde eh, que ten poderes sobre os fenómenos meteorolóxicos: para a choiva, para o aceso do alumeado, fai que neve, isto é un alcalde", di en alusión ao momento en que Caballero di que nevará en Vigo. Ademais, na conta atrás ponse a comer uvas como se de Noitevella se tratase.

@_anonymoussx Gracias maquina 🥵#abelcaballero #vigo #parati ♬ sonido original - Anonymous

@_anonymoussx, sen necesidade de falar, dio todo a través das imaxes. Mentres a través da ventá aparecen as luces de Nadal dunha rúa de Vigo, o texto do vídeo pon 'Abel Caballero, grazas por traer o Nadal a Vigo'. Seguidamente, o autor procede a conectar un aparato electrónico á corrente e... Sorpresa! Todo salta polos aires. Non hai potencia para tanto lucerío.

@quercus.rober O de Vigo eche moito! ✨🎅🏻#luces #navidad #vigo #lucesvigo2022 #abelcaballero #gracioso #lucesnadal #galicia #viral #fyp #paratii ♬ sonido original - Quercus rober

@quercus.rober, en clave de humor, bromea con que xusto cando el se despraza a Vigo para ver as luces de Nadal, fallan as da Porta do Sol. "Están aforradores, nin unha luz, nin unha, tráenme a ver as luces e non se ve nin unha, xa lles debía dar vergoña"... Nese intre volve a luz: "Vaia por Deus, ao final acendéronas oh, ía sendo hora, tamén vir ver as luces e non ver luces, joder, a ver se me iluminaba un pouco". 

@miguel.guido #abel #caballero #vigo #nadal #feliznavidad #navidad #agosto #verano #verán @abelcaballero_real ♬ original sound - Miguel Guido

@miguel.guido viaxa ao pasado, ata o verán. "Cinco de agosto. Chove. Pero sei por que, porque é Nadal! É Nadal! Grazas Abel!". E aparece na pantalla un tuit publicado por Abel Caballero o 5 de agosto, cando comezou a instalación das primeiras luces de Nadal deste ano 2022, no que pode lerse: 'Hoxe arrinca o Nadal en Vigo. O mellor do mundo. Encántanos que nos visitedes. Querémosvos!'.

@todomal.gal Temos novo videito en YouTube falando das noticias e actualidade de #Galicia. #galego #galega #vigo #galegosdominandotiktok #galegosnotiktok #abelcaballero ♬ sonido original - TODO MAL

@todomal.gal conta un pouquiño a súa experiencia en Vigo, cun ton de risa. "Pois mira, en Vigo hai moitas cousas a vender: garrapiñadas, gorros de Nadal, e podes mercar tamén merchandising de Abel Caballero, totalmente oficial", amósase abraiada, mentres un rapaz lle contesta: "Unha taza de Abel Caballero, é a primeira vez que un político da cartos en vez de quitalos". O chiste do final é matador: "Ti se tes esa taza espértache máis ver a Abel Caballero que o café: claro, estás pola mañá facendo o café e dicindo 'Música e luz!'".

RISAS MÁIS ALÁ DE ABEL CABALLERO...

E como non todo ía ser Abel Caballero, aquí deixámosche dous chistes en versión meme do Nadal galego que, aínda que parece mentira, non teñen que ver co alcalde de Vigo. 

@rubenriosoficial_ #galiciacalidade #asnosas #nadal #gastronomia #rubenriosoficial #arrieirosomos #galiciaprofunda #audiovisualgalego ♬ sonido original - Rubén Riós

@rubenriosoficial_ fai alusión a esa comida de Nadal na casa da avoa na que a ela sempre lle parece que tes pouca comida no prato ou que comeches pouco a pesares de que esteas xa a piques de estoupar. "A ver, unha pataquiña quente, están todas aquí... Se non queres, bótoche unha aliña destas cunha salsiña destas, próbala nada máis para que sepas como está".

@todomal.gal Pa ti quen é o #Grinch #galego ? #Noiteboa #galega #Galicia #nadal #galegosnotiktok #galegosdominandotiktok #guardiacivil ♬ sonido original - TODO MAL

@todomal.gal fala dun Grinch moi peculiar... "Que sería o Grinch do Nadal en Galicia? Algo que sexa verde, que non lle guste o Nadal, que che quite as ganas de celebralo... Podería ser a Garda Civil?".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta