A condutora do accidente de Ribeira no que faleceron dous mozos no 2019, culpable de homicidio doloso

Tras case dous días de deliveración, o xurado popular declarou por unanimidade culpable a María do Pilar Fernández Patiño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

Tras case dous días de deliveración, o xurado popular declarou por unanimidade culpable de homicidio doloso a María del Pilar Fernández Patiño, a condutora que causou o accidente mortal de Ribeira no que faleceron, en maio de 2019, dous mozos.

Con iso, os xurados optaron pola versión defendida pola acusación particular, que consideraba que a muller, ademais de ser responsable do accidente, actuou a propósito de que puña en perigo a vida doutras persoas, ao circular ebria, tras consumir fármacos sedantes e a gran velocidade. O representante das familias das vítimas pide para ela 12 anos de prisión.

Os feitos producíronse sobre as 18.35 horas do 4 de maio de 2019, cando a muller conducía pola estrada AC-305 (Padrón-Ribeira), á altura de Palmeira. A acusada, segundo narraron os peritos en sede xudicial, conducía baixo os efectos do alcol e, ademais, consumindo fármacos antidepresivos e antipsicóticos que tiña receitados.

Así mesmo, circulaba a unha velocidade excesiva, en concreto a uns 130 quilómetros por hora cando o límite de velocidade establecido era de 50-70 quilómetros/hora, dando bandazos da marxe dereita ao esquerdo da estrada e chegando a invadir en varias ocasións o carril contrario, tal e como contaron varias testemuñas. A muller acabou chocando contra o vehículo no que viaxaba unha parella, tamén veciña de Ribeira, que faleceu.

Durante o xuízo, celebrado na sección sexta da Audiencia da Coruña, a acusada recoñeceu que ese día bebeu "tres copas de viño" cun coñecido, aínda que cinco horas antes do sinistro, e que se deitou ao mediodía porque se atopaba "mareada". Do momento do choque, dixo non lembrar nada e afirmou que tratou de suicidarse ao coñecer que os mozos faleceran: "oxalá morrese eu". A defensa alegaba que ela descoñecía os perigos de conducir tras tomar medicación deste tipo e mesturala con alcol e aventuraba que puido sufrir un deslumbramento.

Varias testemuñas contaron que nos momentos anteriores ao choque viron á muller conducindo de forma temeraria, invadindo o carril contrario e a gran velocidade, á vez que narraron episodios anteriores de problemas de circulación.

Pola súa banda, o médico forense que a examinou determinou que a muller era "consciente dos seus actos" e que non tiña afectadas as súas capacidades cognitivas polo trastorno desadaptativo mixto que padece. Tamén mencionaron que, segundo reflicte a súa historia clínica, foille indicado en varias ocasións que non debía de mesturar alcol coa medicación psiquiátrica que tomaba.

A acusada polo dobre accidente mortal de Palmeira (1i) na Audiencia Provincial
A acusada polo dobre accidente mortal de Palmeira (1i) na Audiencia Provincial | Fonte: César Arxina

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta