Pérez Sieira, patrón maior de Ribeira, continuará á fronte da Federación Galega de Confrarías de pescadores

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2022 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

O patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez Sieira, continuará outros catro anos máis á fronte da Federación Galega de Confrarías de pescadores.

Este venres, as directivas das confrarías galegas elixiron de novo a Pérez Sieira para encabezar a federación que engloba ás organizacións de pescadores e mariscadoras de toda Galicia.

Así, o máximo responsable dos pescadores do principal porto da comarca do Barbanza continuará ata 2026 nun cargo ao que accedeu por primeira vez en 2018.

Si hai cambios cambios nas dúas vicepresidencias da federación, ás que acceden o patrón maior de San Cibrao, Javier Sánchez, que ocupará a Vicepresidencia Primeira, e o patrón maior de Raxó, Yago Tomei, que exercerá de número tres.

Coa elección da nova cúpula da federación autonómica, as confrarías galegas completan o seu proceso de renovación interna, que celebrou as súas terceiras eleccións unificadas a finais do mes de outubro.

José Antonio Pérez Sieira
José Antonio Pérez Sieira | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta