Convocadas 5.647 prazas de emprego públicas para facer fixos a traballadores temporais

5.029 destas prazas convocaranse polo sistema de concurso de méritos e os 618 restantes a través dun concurso-oposición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2022 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará entre este luns e martes a convocatoria de 5.647 prazas correspondentes ao procesode estabilización de emprego público, que ten como obxectivo reducir a temporalidade por baixo do 8%.

Segundo sinalou a Xunta nun comunicado, 5.029 destas prazas convocaranse polo sistema de concurso de méritos e os 618 restantes a través dun concurso-oposición. Deste xeito, o DOG publicou este luns 153 procesos de concurso de méritos, mentres que este martes publicaranse 64 de concurso-oposición.

O primeiro dos procesos busca seleccionar as prazas que estivesen ocupadas de forma temporal e de maneira ininterrompida con anterioridade a 1 de xaneiro de 2016. Así, o segundo será de aplicación ás prazas ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos os tres anos anteriores a 31 de decembro do ano 2020.

Dentro do concurso de méritos destacan un importante número de prazas para o Corpo superior da Administración Xeral, o de xestión ou o auxiliar. Ademais, convócanse prazas na especialidade de persoal de limpeza e cociña, educación infantil ou escala auxiliar de coidadores.

O prazo para a presentación de solicitudes nestes procesos de estabilización de emprego comeza o día 16 de xaneiro e finaliza o 10 de febreiro de 2023.

Proceso de selección de emprego público da Xunta.. XUNTA
Proceso de selección de emprego público da Xunta.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta