Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2022 | Actualizada ás 19:19
O PPdeG celebrou este luns en Santiago a última reunión do ano do comité de dirección co foco nas eleccións municipais, das que, segundo asegurou, "uns bos resultados serán un elemento a maiores para conseguir que Alberto Núñez Feijóo sexa presidente".
En declaracións aos medios previas á reunión, o presidente dos populares galegos, Alfonso Rueda, insistiu en que o actual presidente do Goberno, Pedro Sánchez, convocará as eleccións xerais "cando lle interese", pero, engadiu, "non é unha decisión pensando nos intereses de España, senón no seu interese persoal".
Ademais, Rueda indicou que levan traballando na campaña dos comicios locais "moitos meses" e resaltou que foron o primeiro partido en ter designados "os candidatos do sete cidades".
Deste xeito, apuntou que teñen decididos "os candidatos cabezas de lista no resto de concellos ata completar os 313". Así, explicou que se irán dando a coñecer de acordo co calendario de presentacións, obxecto da reunión.
Nesta liña, o presidente dos populares en Galicia indicou que estes candidatos contan agora con dobre función de "ter que terminar as súas listas" e "dar a coñecer cando se produzan renovacións, todo o que queren facer, afastándose do escenario de crispación que hai a nivel estatal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.