A comisión de pesca quere que se teña en conta a opinión do sector para as iniciativas de eólica mariña

A Cámara autonómica insta o Goberno galego a dirixirse ao Executivo central "para que considere a opinión do sector marítimo pesqueiro"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2022 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

A comisión parlamentaria de pesca aprobou pedir á Xunta que se dirixa ao Goberno central para que teña en consideración a opinión do sector para iniciativas do ámbito da eólica mariña. Foi tras o debate dunha proposición non de lei do PP que finalmente se aprobou por unanimidade dos grupos, sen modificacións.

En concreto, a Cámara autonómica insta o Goberno galego a dirixirse ao Executivo central "para que considere a opinión do sector marítimo pesqueiro entre os organismos consultados" en iniciativas do sector da eólica mariña. Con iso, a proposta da que é autor o grupo popular recolle un dos acordos alcanzados dentro do observatorio da eólica mariña de Galicia.

Na súa intervención, o deputado do PP José Manuel Balseiro subliñou que son precisas "certezas" e lamentou a "falta dunha proposta" por parte da administración central para o desenvolvemento deste sector.

Plataforma eólica mariña co maior aeroxerador construído pola UTE Navantia-Windar para Windplus S.A
Plataforma eólica mariña co maior aeroxerador construído pola UTE Navantia-Windar para Windplus S.A | Fonte: Windplus

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta