Morre un home en Ordes despois de caer sobre el unha árbore

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos producíronse minutos antes das 17,00 horas no lugar dos Ramos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2022 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Un home faleceu este martes tras quedar atrapado debaixo dunha árbore cando traballaba nunha leira da súa propiedade no lugar dos Ramos, no municipio coruñés de Ordes.

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos producíronse minutos antes das 17,00 horas no lugar dos Ramos.

Ao ter constancia deste suceso, a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizou aos Bombeiros de Ordes, á Garda Civil e á Policía Local.

Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento tiveron que cortar a árbore que atrapaba ao home. Con todo, xa liberado, os servizos sanitarios, que desprazaron ata o punto un helicóptero medicalizado, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: CEDIDA - EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta