Os encoros galegos creceron un 12% coas útimas choivas e superan o 75% da súa capacidade

En Galicia hai un 30% máis de auga embalsada que a media do estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2022 | Actualizada ás 20:48

Comparte esta noticia

As intensas choivas rexistradas nos últimos días en Galicia encheron os encoros galegos que, nestes momentos, atópanse ao 75,2 por cento da súa capacidade, contan con máis auga embalsada que hai un ano e superan a media dos últimos 10 anos.

Segundo os datos publicados este mércores no boletín hidrolóxico que publica cada semana o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (Miteco), as concas galegas teñen embalsados un total de 2.546 metros cúbicos de auga.

No caso da conca Galicia Costa, a porcentaxe elévase ao 85,7 por cento, ao contar con 586 hectómetros embalsados, fronte aos 684 de capacidade da que dispón e os 398 do ano anterior. De media no últimos dez anos alcanzáronse os 460 hectómetros cúbicos.

Mentres, a conca do Miño-Sil ten a súa reserva hídrica ao 64,7 por cento. Deste xeito, ten embalsados 1.960 dos 3.030 hectómetros cúbicos que pode almacenar, fronte aos 1.346 do ano pasado e os 1.729 de media da última década.

Con respecto aos datos publicados polo Miteco a semana pasada e grazas ás últimas choivas, as concas hidrográficas galegas creceron un 12,75 por cento e gañaron un total de 351 hectómetros cúbicos embalsados.

Así mesmo, en comparación cos datos estatais, Galicia ten un 30,3 por cento máis de auga embalsada. O total das reservas hídricas estatais conta actualmente con 25.193 hectómetros cúbicos de auga.

Encoro de Velle, Ourense, en inverno
Encoro de Velle, Ourense, en inverno | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta