Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2022 | Actualizada ás 18:26
A portavoz de Lingua do BNG, Mercedes Queixas, expresou este mércores a preocupación da formación ante os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística relacionados co uso do galego.
A parlamentaria alertou do "retroceso" do uso do galego no ámbito familiar, laboral e social, "cedéndolle paso ao castelán" e anunciou ademais que o BNG presentará no próximo curso político, un 'Plan de Igualdade Lingüística non ensino', acompañado por un 'Pacto social polo Galego' para reverter a situación actual.
"Tras 13 anos de política lingüística do Partido popular, os nenos e niñan falan menos galego, menos inglés e máis castelán", advertiu.
Segundo relatan nun comunicado, a publicación dos datos do Censo 2021 do INE ofrecen "unha radiografía do presente e futuro da lingua galega atendendo ao seu coñecemento e uso". Neste sentido, apuntan que, por primeira vez, "o 28,2% dos menores de 20 anos recoñece que non fala nada en galego ou con moita dificultade; o 32,8% menores de 20 anos recoñecen non ser capaces de escribir en galego ou o fan con dificultade, só o 35% dos mozos menores de 20 anos utilizan o galego coas súas familias e só o 16% de menores de 20 anos tiveron o galego como lingua inicial".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.