Grandes macacos amarelos para demandar un transporte público por estrada de calidade en Ferrol

Convocada pola plataforma que reclama que se regrese aos horarios e frecuencias da anterior concesionaria.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 28/12/2022 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

Varias decenas de cidadáns mobilizáronse polas rúas de Ferrol con "macacos" de gran tamaño para demandar melloras e que se regrese aos horarios e frecuencias da anterior concesionaria do transporte por estrada coa Coruña.

Convocados pola Plataforma por un transporte público digno en Ferrol e comarcas, a marcha partiu ás 19,00 horas desde a estación de autobuses, con parada ante o edificio administrativo da Xunta, na praza de Armas, e finalizou na praza de Armas, ante o Concello.

Os macacos, nunha cor amarela rechamante, levaban impreso o logo da plataforma, ademais de asegurar que "o 96% das persoas usuarias están insatisfeitas" e que "para o 93% faltan liñas, frecuencias e horarios". Tamén incidían de maneira sarcástica en que a Xunta non ve "motivos para rescindir o contrato... é un servizo de alta calidade".

Nun comunicado, durante a mobilización, criticouse que a Xunta "faga oídos xordos coas innumerables queixas e incidencias enviadas á propia Xunta, á empresa de transporte, aos medios de comunicación ou publicacións nas redes sociais, referíndose sempre a situacións vividas a diario de irregularidades no transporte".

Así, detalláronse incidentes como "buses cheos e persoas nas paradas, reforzos que atrasan chegadas a destino, buses que non pasan segundo horario, e moitas máis que reflicten as graves deficiencias do servizo prestado pola UTE, da que forma parte maioritariamente Monbús".

Macacos amarelos para reclamar un transporte de calidade en Ferrol
Macacos amarelos para reclamar un transporte de calidade en Ferrol | Fonte: plataforma

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta