Bugallo tamén aposta pola volta de Besteiro como a gran alternativa do PSdeG a Rueda

Critica "a impunidade" da xuíza do caso, Pilar de Lara, xa que "non hai ningunha proporción entre a sanción recibida" por ela e "o dano creado".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago e secretario xeral dos socialistas composteláns, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou este xoves que hai "unha gran confianza e unha gran apertura" sobre a volta á primeira liña política de José Ramón Gómez Besteiro.

Bugallo fixo fincapé en que, sobre as posicións que poida ocupar no futuro, "é el mesmo quen debe decidir a que quere aspirar" e que para a súa decisión "os demais podemos esperar uns meses".

Así mesmo, referiuse ao proceso xudicial vivido polo que foi secretario xeral dos socialistas galegos e presidente da Deputación de Lugo, e que xa non está imputado na Operación Pulpo.

Sobre isto, o rexedor local indicou que foi un proceso "inxusto e inxustificado" e que "se vía desde o minuto un que moitas das sospeitas que se vertían era absolutamente ridículas e non se sostiñan".

Deste xeito, sinalou que é "lamentable" que Besteiro se vise apartado da política e que "desgraciadamente non é máis que un dos múltiples casos que pasaron, igual que o de Paco Rodríguez", ex alcalde de Ourense que en maio será o candidato do PSOE nesta cidade.

Nesta liña, Bugallo criticou "a impunidade" da xuíza do caso, Pilar de Lara, xa que "non hai ningunha proporción entre a sanción recibida" por ela e "o dano creado".

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo,
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta