Crecen máis dun 7% as licenzas outorgadas para a construción de edificios en Galicia

Delas, 153 eran para edificios residenciais e 90 para edificios non residenciais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

As licenzas outorgadas por municipios galegos para a construción de edificios de nova planta incrementáronse un 7,2% en setembro en relación co mesmo período do ano pasado, segundo datos difundidos este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE), recollidos por Europa Press.

En concreto, durante o noveno mes de 2022 concedéronse 223 licenzas para este fin, unha cifra superior ás 208 de setembro de 2021. Delas, 153 eran para edificios residenciais e 90 para edificios non residenciais.

Ademais, rehabilitáronse en Galicia 175 edificios en setembro, un 20,6% máis, e demoléronse 32, un 33% máis. A superficie total construída foi de 124.000 metros cadrados. En total, a variación neta do parque de vivendas galego foi de +268 en setembro, un 14% máis que as 235 vivendas construídas no mesmo mes do exercicio previo.

Construción.. XUNTA
Construción.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta