O PPdeG fai falance tras a marcha de Feijóo: "2022 foi un ano inmellorable"

Prado destaca que a substitución protagonizada por Rueda permitiu continuar cun goberno "centrado nas prioridades" dos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A transición "tranquila, exemplar e con unidade" foi o principal reto ao que se tivo que enfrontar o PP de Galicia neste ano 2022 no que o seu xa expresidente, Alberto Núñez Feijóo, decidía asumir as rendas do partido a nivel nacional, o que supuxo o ascenso de Alfonso Rueda, tamén como titular da Xunta.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, ofreceu este venres unha rolda de prensa para facer balance do ano e avanzar os "dous fitos" que os populares esperan conseguir en 2023, coas eleccións municipais e xerais: "Demostraremos que somos maioría e tinguiremos Galicia de azul".

O 'número dous' de Rueda no partido recoñeceu que 2022 foi un ano "de cambios significativos", aínda que o que permaneceu "invariable" foi que o PPdeG "cumpriu cos galegos" e "co que votaron nas urnas", que foi "estabilidade" cunha maioría absoluta.

Por iso, destacou que, tras a inédita dimisión de Feijóo como presidente da Xunta, Rueda fose designado o seu sucesor para continuar cun Goberno "centrado nas prioridades" dos galegos e nesa "política útil afastada de sobresaltos e o bochorno que forma parte do manual de Pedro Sánchez".

En definitiva, 2022 foi para o PPdeG "un ano inmellorable" no que demostraron que son "capaces de afrontar os cambios". E con esa "mesma forza" os populares afrontarán un 2023 marcado por dúas eleccións: unhas xerais nas que buscarán demostrar que son "maioría" e unhas xerais que serán "cando a Sánchez lle vinga a ben convocalas" e que marcarán "un punto e aparte na política española".

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en rolda de prensa cunha imaxe do presidente, Alfonso Rueda
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, en rolda de prensa cunha imaxe do presidente, Alfonso Rueda | Fonte: PPdeG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta