ADOS pecha 2022 sen ningún grupo sanguíneo en nivel baixo mais segue chamando á doazón

En concreto, permanecen en nivel normal as reservas da Postivo, A Negativo, Cero Positivo, Cero Negativo, B Positivo e B Negativo, mentres que están en nivel bo as de AB positivo e negativo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2022 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) pechará o ano sen ningún grupo sanguíneo en nivel baixo e facendo un chamamento á doazón, xa que a actividade hospitalaria require 500 cada xornada e as festas, habitualmente, incrementan estas necesidades.

En concreto, permanecen en nivel normal as reservas da Postivo, A Negativo, Cero Positivo, Cero Negativo, B Positivo e B Negativo, mentres que están en nivel bo as de AB positivo e negativo.

A partir do día 2 de xaneiro, as unidades móbiles de Ados para facilitar a doazón desprazaranse a Guísamo, Touro, Teo, As Pontes, Fisterra, Arzúa, O Corgo, Lugo, Begonte, Ourense, Verín, Barbadás, Arbo, As Neves, Pontevedra, Illa de Arousa ou A Guarda, entre outros.

Unidade de doazón de ADOS en Galicia
Unidade de doazón de ADOS en Galicia | Fonte: Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta