Aitana, a primeira bebé galega de 2023

Naceu na madrugada deste domingo en Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2023 | Actualizada ás 12:26

Comparte esta noticia

O primeiro bebé galego do 2023 naceu na madrugada deste domingo en Santiago de Compostela e chámase Aitana.

A pequena, filla de Lara e Antonio, naceu no Hospital Clínico de Santiago ás 1,02 horas e pesou 3.540 quilos.

Tras Aitana, ás 1,25 horas, chegou Bruno ao Hospital Provincial de Pontevedra. Xa ás 1,44 horas, naceu Olivia no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense chegou ás 06,25 horas, Neizan, que pesou 2.530 kg.

Unha nai e o seu bebé
Unha nai e o seu bebé | Fonte: Arquivo E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta