Un veciño de Ourense aproveitou a Noitevella para roubar en varios vehículos

Foi detido este sábado na cidade das Burgas e opuxo resistencia aos axentes.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/01/2023 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

Un veciño de Ourense de 32 anos foi detido este sábado na cidade das Burgas como presunto autor de varios roubos no interior de vehículos e desobediencia grave.

Segundo explica a Policía Local nun comunicado, os feitos tiveron lugar ás 22.45 horas do sábado, na estrada de Vigo e na detención do home, apuntan, foi clave a colaboración cidadá.

Tras recibir o aviso de que unha persoa fora sorprendida roubando no interior dun vehículo, unha patrulla trasladouse ao lugar onde requiriron ao sospeitoso que se identificase.

Este negouse "de forma moi agresiva, chegando a ameazar de morte aos axentes" e tratou de agredir a un deles, polo que se procedeu á súa detención.

Constatouse ademais que a poucos metros había un vehículo cunha xanela fracturada e que o sospeitoso levaba obxectos dos que non xustificaba a súa orixe (entre eles dous pares de lentes e dous teléfonos móbiles).

Tras a detención, tamén se constatou que outros cinco vehículos estaban violentados de igual maneira nas inmediacións. Instrúense dilixencias xudiciais.

Vehículo no que roubou un individuo
Vehículo no que roubou un individuo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta