Os galegos pagarán 476 euros menos de IRPF que en 2009

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 01/01/2023 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

Os galegos pagarán este ano unha media de 476 euros menos este ano do imposto directo IRPF sobre os seus ingresos, respecto a 2009, asegura este domingo a Xunta.

Botando contas
Botando contas | Fonte: Gestha

Nun comunicado sobre os orzamentos que entran hoxe en vigor co novo ano 2023, o Goberno galego indica que a deflación será aplicará con carácter retroactivo ao 1 de xaneiro de 2022 nos tres primeiros tramos de rendas do citado imposto cunha rebaixa de 4 décimas na contribución autonómica que pasa de 9,4 % ao 9 %.

Subliña que nos orzamentos autonómicos galegos "volven baixar os impostos" co obxectivo de "axudar a mitigar os efectos da alza do prezos".

Os orzamentos para 2023, que ascenden a 12.620 millóns de euros pretenden "impulsar" a economía, segundo a Xunta, mediante unha "política fiscal propia e previsible que aposta por baixar os impostos todo o posible" e aplicar un "reforzo constante e continuo dos servizos públicos", todo iso con "un endebedamento responsable e máis reforzo en investimento produtivo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta