Ourense é a cidade máis prexudicada de España pola entrada en vigor da normativa de baixas emisións

A maioría de vehículos actualmente teñen etiqueta tipo B e C, o que implica que terán que adaptarse a certas restriccións, como entrar ás urbes só en determinadas franxas horarias ou aparcar en párking.

Por Ángela Precedo | OURENSE | 03/01/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O 2023 será un ano de cambios, xa sexa por iniciativa propia ou por obriga. E un dos que chegará por obriga para moitos galegos será o cambio de coche. Tendo en conta que os vehículos do parque móbil galego teñen unha media de idade superior aos 15 anos... A nova normativa de baixas emisións que entrou en vigor co novo ano fará necesario baixala.

Tráfico de coches
Tráfico de coches | Fonte: Arquivo

En concreto, a normativa aplica restriccións a vehículos antigos para entrar en cidades de máis de 50.000 habitantes, o que no caso de Galicia afectaría ás sete principais cidades: Santiago (98.179 habitantes), A Coruña (244.700, sendo a décimo oitava cidade máis poboada de España), Ferrol (64.158), Lugo (97.211), Ourense (103.756), Vigo (292.374, a décimo cuarta máis poboada do territorio estatal) e Pontevedra (82.828).

E aínda que podería pensarse que precisamente por tratarse de grandes cidades a idade dos vehículos sería inferior, con máis coches modernos, o certo é que nada máis lonxe da realidade. Sen dúbida, Ourense é a provincia cos coches máis vellos de España, e polo tanto, cos máis contaminantes, con 16,95 anos de media. En Pontevedra esa media baixa aos 15,86 anos, en Lugo aos 15,97 e en A Coruña aos 14,83.

Pero, cal é a idade a partir da cal se pode entrar nas zonas de baixas emisións das cidades? Máis que de idade, todo depende da etiqueta que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) lle asigne ao teu vehículo (que, efectivamente, virá tamén en función da súa idade). En xeral, para non complicarse moito, o que hai que saber e que os coches a gasolina anteriores a 2001 e os de gasoil anteriores a 2006 non teñen etiqueta, e son os máis contaminantes, tendo totalmente prohibido entrar nas zonas protexidas.

MENOS DO 3 % DOS COCHES EN ESPAÑA LIBRES POR COMPLETO DE PROHIBICIÓNS

A asignación das etiquetas quedaría do seguinte xeito:

- CERO Emisións: Etiqueta de cor azul, que se aplica aos vehículos máis eficientes, que veñen a ser os eléctricos e os híbridos enchufables.

- ECO: Na súa maioría son vehículos de gas, híbridos ou ambos.

- Distintivo C: Etiqueta de cor verde, que inclúe aos coches e ás furgonetas de gasolina matriculados despois de xaneiro de 2006, e aos diésel matriculados despois de xaneiro de 2015.

- Distintivo B: Etiqueta de cor amarelo, que inclúe aos coches e furgonetas de gasolina matriculados despois de xaneiro de 2001, e aos diésel matriculados a partir de xaneiro de 2006.

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS PARA OS DISTINTIVOS 'C' E 'B'

Tan só as etiquetas de CERO emisións e ECO permiten circular libremente por todo tipo de espazos das urbes. Sen embargo, a maioría do parque móbil español ten distintivo B (32,61 %) e C (32,36 %), o que implica que terán que cumplir unha serie de condicións especiais dentro das zonas protexidas das cidades, como por exemplo circular só en determinadas franxas horarias ou aparcar sempre en párking.

Para o resto dos vehículos, aqueles que non teñen etiqueta, a circulación está totalmente prohibida, o que implica que en caso de saltarse a normativa e ser captado polas cámaras, recibirase unha multa, como mínimo de 90 euros. Aínda que se está baraxando en cidades como Barcelona poñer unha especie de peaxe para este tipo de coches, de aproximadamente uns catro euros por día.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Será "divertido" ver como se decretan restricións en ZBE logo de 2 meses de tráfico a tope en Vigo e así tódolos anos de dios dende que o falabarato de Abel reinventou o Nadal do Carallo.