Esta semana publicaranse no DOG as convocatorias de procesos para cubrir 5.585 prazas fixas no Sergas

A Consellería de Sanidade anunciouno nun comunicado onde subliña que se trata "da maior oferta de prazas da historia" para o Sergas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2023 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publicará esta semana as resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) para a convocatoria dun total de 5.585 prazas fixas no sistema sanitario galego que serán cubertas por concurso-oposición e por concurso de méritos.

Diso informou este luns a Consellería de Sanidade nun comunicado no que subliña que se trata "da maior oferta de prazas da historia" para o Sergas. Así, o 4 de xaneiro sairá no DOG a convocatoria de 3.777 prazas por concurso posición para persoa estatutario en 55 categorías diferentes. Destas, 760 corresponden á oferta de emprego pública para estabilización de emprego temporal e, o resto, ás comúns de 2020, 2021 e 2022.

Por estamentos, das 330 prazas que corresponden a licenciados sanitarios, 150 son para médicos de familia, e 155 para facultativos especialistas de área. Para diplomados sanitarios hai 1.802, das cales, un total de 1.556 corresponden á categoría de enfermaría. Ademais, a oferta contempla , a gran maioría --789-- para técnicos en coidados auxiliar de enfermaría. Así mesmo, tamén se ofertan 842 prazas de persoal de xestión.

O prazo de presentación de solicitudes é do 9 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2023; mentres que os méritos a valorar serán os causados ata o 3 de xaneiro deste ano. Un día máis tarde, o vindeiro xoves 5 de xaneiro, o DOG publicará a convocatoria de prazas por concurso de méritos, composta por 1.808 prazas para persoal estatutario correspondentes a 97 categorías distintas. Das prazas en liza, 435 son para licenciados sanitarios, mentres que 486 corresponden a diplomados; 417 a técnicos sanitarios de formación profesional, 436 a persoal de xestión e servizos e 34 a persoal investigador.

Entre as 435 prazas para licenciados sanitarios inclúense 42 especialistas en Medicina Familiar, 32 médicos de Urxencias e oito médicos coordinadores do 061; así como 24 facultativos especialistas en Pediatría, 23 en Psiquiatría ou 14 en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, entre outros. Ademais, tamén se ofertan 459 para enfermeiros, 277 para técnicos en coidados auxiliar de enfermaría, 51 de técnicos en farmacia e 119 de celadores.

O concurso é de acceso libre e valoraranse de maneira prioritaria os servizos prestados en hospitais, centros de saúde e entidades do sistema público de saúde de Galicia, polo que todo o persoal do Sergas con vínculo temporal deberá participar. O prazo de presentación de solicitudes para estas prazas é do 16 de xaneiro ao 16 de febreiro de 2023.

ESPECIALISTAS DE ÁREA

Doutra banda, o DOG publica este luns a puntuación provisional da fase de concurso no proceso de oposición á cateogoría de especialista de área no Sergas nas especialidades de cirurxía oral e maxilofacial, cirurxía pediátrica, cirurxía plástica, estética e reparadora, Inmunoloxía e oncoloxía radioterápica.

En total son 21 as prazas ofertadas, a aspíranas 60 persoas que superaron a fase de oposición. As puntuacións poden consultarse xa na web do Servizo Galego de Saúde.

Oposicións en Silleda para técnico en coidados auxiliares de enfermaría. XUNTA
Oposicións en Silleda para técnico en coidados auxiliares de enfermaría. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta