Deleite leva ao Teatro Principal de Pontevera a "Uxía Lambona e a Banda Molona" este martes 3 de xaneiro

A entrada é libre e gratuíta ata completar a cabida do Teatro Principal de Pontevedra, polo que se recomenda chegar con tempo.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 02/01/2023 | Actualizada ás 20:38

Comparte esta noticia

O martes 3 de xaneiro ás 18h terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o concerto especial de Nadal de Uxía Lambona e a Banda Molona dedicado aos máis cativos e que contará coa colaboración de Deleite.

Uxía Lambona e a Banda Molona
Uxía Lambona e a Banda Molona

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha banda de música infantil que recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular dende a A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”, pasando por outros moitos temas tradicionais, moi dinámicos, facendo que todos os presentes sexan partícipes do seu particular “desconcerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e alguna que outra sorpresa.

Deleite quíxose sumar unha vez máis a esta iniciativa que mestura a cultura coas actividades para os máis cativos nestas datas tan especiais e que representan do xeito máis fiel o espírito do Nadal.

A entrada é libre e gratuíta ata completar a cabida do Teatro Principal de Pontevedra, polo que se recomenda chegar con tempo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta