A Xunta e a Fundación Ingada colaboran nun programa de asesoramento a familias de persoas con TDAH

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/01/2023 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

A Xunta destina 60.000 euros á Fundación Ingada para pór en marcha un programa de asesoramento a familias de persoas con TDAH, coa finalidade de que as persoas con este trastorno poidan desenvolver adecuadamente as súas habilidades de aprendizaxe e socialización, así como superar situacións de necesidade e risco social.

Así o explica a Consellería de Política Social coincidindo coa visita que o diretor xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rei, fixo este martes á sede da fundación.

Nela, abordáronse as actuacións que se enmarcan dentro do programa "e que redundan na orientación das familias para xestionar situacións de crises, a elaboración de pautas de actuación e programas de apoio ás mesmas, así como a derivación de recursos a aqueles casos de persoas con trastornos asociados", sinala o departamento autonómico.

Na visita, o director xeral subliñou que este servizo é proporcionado por un equipo multidisciplinar integrado por profesionais voluntarios da Fundación, formados na rama sociosanitaria e educativa da psicoloxía, educación social, medicina, terapia ocupacional, orientación e pedagoxía.

TDAH
TDAH | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta