O BNG esixe a reparación da N-6, que une A Coruña con Madrid, tras unha sentenza da Audiencia Nacional que culpa ao estado da vía dun accidente

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou o rexistro de novas iniciativas parlamentarias para que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana realice todas as actuacións necesarias para a reparación e a mellora da seguridade viaria da N-6, que une A Coruña con Madrid.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/01/2023 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia