Temas: GALICIA LOBO XUNTA

Unións Agrarias pide a Xunta e Goberno un acordo para "desbloquear" os fondos do plan de xestión do lobo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2023 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Unións Agrarias reclamou á Xunta e ao Ministerio de Transición Ecolóxica un "acordo inmediato" para a liberación dos fondos do plan do lobo que corresponden a Galicia.

Nun comunicado, cualifica de "tomadura de pelo ao sector gandeiro a situación de bloqueo dos fondos que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico ten aprobados para a posta en marcha do plan de xestión do lobo".

A organización agraria ve "intolerable" que "se exclúa a Galicia da repartición duns fondos aprobados para o conxunto do Estado, fundamentais para a convivencia desta especie coa cabana gandeira e para garantir a rendibilidade das explotacións que, de maneira recorrente, sofren os ataques deste depredador".

"Cando, entre outras, comunidades autónomas como Castela e León e Asturias teñen aprobados fondos ministeriais de 8,9 e 3,6 millóns de euros, respectivamente, para executar ao longo de 2023 medidas preventivas e programas de pago de danos", engade.

Lobo ibérico
Lobo ibérico | Fonte: CSIC

Temas: GALICIA LOBO XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta