Detido en Ourense o responsable dun bar no que acharon cocaína, fármacos e diñeiro en efectivo

Foi posto a disposición xudicial

Por E.P. | OURENSE | 05/01/2023 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo o pasado venres, 30 de decembro, ao responsable dun local do barrio do Couto, en Ourense, no que os axentes acharon cocaína, fármacos e diñeiro en efectivo, entre outros elementos.

Segundo informa o corpo, todo parte dunha inspección realizada o 19 de decembro, sobre as 19,20 da tarde, na que o Grupo de Seguridade Cidadá acudiu ao local para inspeccionalo. Alí, os actuantes atoparon un total de 185 gramos de cocaína, 13 envases de fármacos, 2.100 euros en billetes e unha balanza de precisión.

Así, o día 30, os policías procederon á detención do responsable do establecemento dun delito contra a saúde pública. Tras pasar por dependencias policiais, o home foi posto a disposición xudicial.

Coche de Policía Nacional.
Coche de Policía Nacional. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta