Apoio ás mulleres rurais na loita contra a violencia de xénero

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade renovou os convenios de colaboración que mantén coas federacións de mulleres rurais de Galicia para financiar os programas e actuacións encamiñados á loita contra a violencia de xénero e á promoción da igualdade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2023 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade renovou os convenios de colaboración que mantén coas federacións de mulleres rurais de Galicia para financiar os programas e actuacións encamiñados á loita contra a violencia de xénero e á promoción da igualdade.

En total, a Xunta inviste 60.000 euros en apoio á Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), á Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) e á Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro).

As accións teñen o dobre obxectivo de sensibilizar a mulleres rurais no ámbito da violencia de xénero e o traballo directo coas vítimas e os seus fillos mediante a realización de programas para a mellora da súa autoestima e empoderamento.

A Deputación pide revisar as axudas da PAC, que discriminan á muller rural | C. Sánchez
A Deputación pide revisar as axudas da PAC, que discriminan á muller rural | C. Sánchez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta