O parque de atraccións Pazolandia de Ourense recibiu 24.000 visitantes de 60 concellos da provincia

Todo en nove días, entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/01/2023 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O parque de atraccións do Nadal organizado pola Deputación de Ourense, Pazolandia, recibiu un total de 24.000 visitantes de ata 60 concellos diferentes da provincia entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro.

Así informaron desde o goberno ourensán nun comunicado no que destaca o "éxito" do balance desta 26 edición de nove días, distribuídos en 16 sesións de mañá e tarde.

Tras dous anos de parón experimentado pola pandemia, o evento regresou ao recinto do pavillón dos deportes Paco Paz, que contou coa visita diaria de preto de 2.700 persoas, coa excepción do día de apertura que tan só tiña programada a quenda de tarde.

Desta forma, o público infantil e xuvenil gozou dos talleres e atraccións interiores e exteriores que este ano contaban con varias novidades. Entre elas, unha zona de simuladores de movemento e realidade virtual.

Así mesmo, o parque tamén contou con incorporacións como a área de xogo Escape Room, a zona 'Peque-Nenos' para nenos de ata tres anos ou a atracción 'O Barco Pirata'. Ademais de estrear a nova mascota do evento, 'Pacito'.

Outro dos cambios foi o descenso das longas colas, que adoitaban aglomerarse preto do recinto ferial Expourense e foron substituídas pola venda en liña, con varias xornadas nas que, segundo aseguraron desde a deputación, chegaron a venderse preto de 2.000 billetes diarios.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación de Pazolandia 2022-2023
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participa na presentación de Pazolandia 2022-2023 | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta