Aberto o prazo de solicitude de axudas para previr ataques de xabaríns e lobos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2023 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

A Xunta abre este venres, 6 de xaneiro, o prazo de presentación de solicitudes para dúas ordes de axudas que buscan previr ataques de animais como xabaríns e lobos.

Por unha banda, atópase a orde da Consellería de Medio Ambiente, dotada cun millón de euros, para implantar medidas de protección coas que evitar ataques de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril) na convocatoria de 2023.

En concreto, búscase apoiar a compra de cans para a protección do gando fronte a lobos (ata 300 euros por exemplar e 200 euros para gastos de alimentación, cun límite de 3 cans por explotación), así como de pastores eléctricos para os ataques da fauna (ata 600 euros para comprar como máximo 3 pastores). O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde este venres.

Por outra banda, a outra orde da Consellería de Medio Ambiente, dotada con 400.000 euros, está enfocada a financiar os custos derivados da instalación de valos fronte aos danos do lobo.

Neste caso, apóiase a compra de valos fixos, tanto eléctricos como con malla e metálicos. O importe máximo da axuda será de 4,5 euros por metro lineal ata un máximo de 4.500 euros por valo.

Precisamente, Unións Agrarias pedía esta semana á Xunta e ao Ministerio de Transición Ecolóxica un "acordo inmediato" para a liberación dos fondos do plan do lobo que corresponden a Galicia, xa que o Ministerio non outorga axudas a Galicia ao non subscribir a estratexia estatal para esta especie.

Xabaril
Xabaril | Fonte: Universidade de Lisboa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta