Temas: ACCIDENTE 061 112

Evacúan en helicóptero un home ferido nun accidente co tractor co que traballaba en Manzaneda

Ocorreu sobre as 13,30 horas nunha leira do lugar de Cimadevila.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/01/2023 | Actualizada ás 19:37

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser evacuado en helicóptero este venres despois de sufrir feridas nunha perna nun accidente co tractor que conducía en Manzaneda.

Segundo informa o 112 Galicia, ao home cravóuselle a punta da máquina coa que recollía rolos de herba e Protección Civil tivo que cortala cunha radial.

Ocorreu sobre as 13,30 horas nunha leira do lugar de Cimadevila. Nese momento, o 112 recibía a alerta do sinistro a través da chamada dun particular.

Seguidamente, a central de emerxencias derivou o aviso a Protección Civil, á Garda Civil e a Urxencias Sanitarias-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para evacuar ao home ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Helicóptero do 061 / CEDIDA - EP.  / Europa Press
Helicóptero do 061 / CEDIDA - EP. / Europa Press

Temas: ACCIDENTE 061 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta