Continúan os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas LU-162, OU-121, OU-115, OU-320 e VG-1.3

A Xunta de Galicia continuará esta semana nas catro provincias galegas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2023 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia continuará esta semana os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias galegas.

Desde este luns seguirán coas tarefas xa iniciadas nas pasadas semanas na vía de altas prestacións VG-1.3 no seu percorrido polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada. Ademais, continuarán os traballos na estrada LU-162, nos municipios lucenses do Valadouro e Foz.

Continuarán tamén as tarefas de limpeza en execución nas marxes da OU-121 no Barco de Valdeorras. Tamén nas estradas OU-115 en Verín e na OU-320 en Sandiás e en Allariz.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acomete estas actuacións, explican nun comunicado, no marco do contrato coa empresa pública Seaga, por importe de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas de titularidade autonómica para previr incendios e reforzar a seguridade viaria.

Estas novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de forma manual.

Roza de marxes de estradas, limpeza de biomasa
Roza de marxes de estradas, limpeza de biomasa | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta