Axudas de ata 3.000 euros para universitarios con dificultades económicas imprevistas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2023 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

A Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria de axudas de ata 3.000 euros destinadas a universitarios galegos que de forma imprevista teñan dificultades económicas para continuar os seus estudos este curso.

O obxectivo desta liña de actuación da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades é que a aparición dun suceso ou situación inesperado non obrigue a un alumno a abandonar a súa formación por falta de recursos.

Tal como informou o Goberno autonómico, entre estas causas están a orfandade absoluta, o desemprego, a falta de pago acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar, entre outros.

O curso pasado recibiron estas axudas 18 alumnos, cunha contía total de 50.500 euros. Este ano, o importe das subvencións, en función da renda familiar, oscilará entre os 1.750 e os 3.000 euros.

Grupo de estudantes universitarios
Grupo de estudantes universitarios | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta