Luz verde á prestación por desemprego adaptada á "intermitencia" do sector cultural

O Goberno central aproba o Real Decreto que promove unha contratación "máis estable".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 10/01/2023 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

O Goberno central aprobou o Real Decreto que promove unha contratación "máis estable" do sector cultural, un texto que desprega unha prestación específica para os traballadores da cultura, quen a pesar da súa "intermitencia" terán unha maior protección social, segundo anunciou este martes na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, a segunda vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz.

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Díaz explicou que se trata dunha norma que contén unha cotización "moi dúctil" e "flexible" e responde a unha das grandes reivindicacións do sector.

A medida cambia o réxime ordinario de protección social, e segundo Yolanda Díaz, os beneficiarios poderán acceder a un sistema de cotización "dúctil" con 60 días de cotización nun prazo de 18 meses para unha prestación de desemprego por un total de 120 días ou elixir o sistema de desemprego que minora as necesidades de cotizacións a 180 días nun prazo de seis anos.

"Nestes supostos, as persoas terán dereito a unha prestación que en función das cotizacións poderá ser do 80 ou o 100% do IPREM", sinalou.

O Goberno tamén aprobou a compatibilidade entre o cobro da pensión de xubilación e calquera actividade artística que xere rendementos económicos. Así mesmo, crearon dúas comisións: unha para o estudo das enfermidades profesionais do sector cultural e outra para o estudo "profundo" da intermitencia nas relacións laborais, co obxectivo de estudar o efecto destas medidas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta