Chega unha nova edición en Santiago da Feira de Libro Ilustrado

Está impulsada pola Deputación da Coruña e celebrarase desde o 21 de xaneiro.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/01/2023 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña, en colaboración con Afundación Obra Social e Abanca, organiza o 21 de xaneiro unha nova edición da Feira de Edición e Libro Ilustrado en Santiago de Compostela.

Trátase dunha iniciativa que se centra na edición e autoedición de libros ilustrados que están relacionados directamente cos traballos das e os ilustradores que participan na Mostra Internacinal de Ilustración Contemporánea.

Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou as bases reguladoras da convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña dirixida aos concellos, agrupacións de municipios, mancomunidades e outras entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística este ano.

Ademais, o BOP publicou as bases dunha nova convocatoria de axudas da Deputación da Coruña para financiar a adquisición de vehículos por parte dos concellos para os desprazamentos do persoal do servizo de axuda no fogar.

O noso Samaín, libro ilustrado editado por Galaxia nunha imaxe de Lorena Britrott.
O noso Samaín, libro ilustrado editado por Galaxia nunha imaxe de Lorena Britrott.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta