O Sergas convoca a provisión de postos de xefes de servizo de Atención Primaria na área da Coruña-Cee

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes

Por E.P. | A CORUÑA | 11/01/2023 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se convoca a provisión, por procedemento de libre designación, de diversos postos de xefe do servizo de Atención Primaria na área sanitaria da Coruña-Cee.

As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, deberán dirixirse á xerencia da área sanitaria da Coruña e Cee. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas na páxina web do Sergas e do Espazo da Profesional da área sanitaria da Coruña e Cee.

Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas)
Edificio da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (Sergas) | Fonte: Arquivo - EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta