Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/01/2023 | Actualizada ás 13:28
A Secretaría de Estado de Turismo escolleu á cidade de Santiago como mellor destino do Sistema Integral da Calidade Turística Española de Destinos (Sicted), un premio que será entregado o próximo día 19 na Feira Internacional de Turismo Fitur en Madrid.
O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, destacaron nunha rolda de prensa este xoves que a cidade conseguiu tamén o segundo posto na categoría 'Mellor proxecto de mellora de destino Sicted'. Mentres, o terceiro lugar da categoría de 'Mellor actuación'.
Guinarte subliñou que estes premios "son reflexo do traballo continuo de Turismo de Santiago como xestor do proxecto Sicted na cidade e do conxunto do sector".
Nesta liña, destacou que estes galardóns avalan "a evolución do modelo turístico cara a un máis rendible economicamente, xerador de máis e mellor emprego e máis harmónico coa vida local".
Deste xeito, Ramil subliñou que estes recoñecementos son "unha forma de promocionar Santiago como destino de calidade". Así, explicou que, entre os retos aos que se enfrontan, está "desestacionalizar o turismo e insistir nos mercados internacionais que achegan máis gasto".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.