Nove concentracións parcelarias en sete municipios galegos reorganizarán case 9.000 hectáreas de monte

O sector da madeira acadou unha facturación histórica en 2021, con máis de 2.500 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2023 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou nove concentracións parcelarias en sete municipios que reorganizarán máis de 8.900 hectáreas e beneficiarán a uns 5.600 propietarios.

En concreto, entas concentracións realizaranse en: Montes de Fao e Novefontes (Touro), Lamas-Loureda-Sergude-Vigo (Boqueixón), Herbón (Padrón), Freixeiro (Santa Comba), Castenda (Tordoia), Baltar-Golán-Grobas (Melide) e as de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi, Lamas e Roás (os tres en Cospeito).

Diso informou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen destaca a concentración parcelaria como un "instrumento fundamental" para o desenvolvemento do agro galego, posto que permite reducir custos a explotacións, fixar poboación e previr incendios.

Desde 2021 decretáronse 27 novas concentracións, mentres que con estas nove chegarase á reordenación de 22.589 hectáreas, máis de 100.000 parcelas e 15.387 titulares.

Respecto diso, Rueda subliña o "forte" investimento neste ámbito, con 118 millóns de euros desde 2009, cunha partida que se incrementará a 17 millóns en 2023 para estes procesos.

AUMENTO DE FACTURACIÓN DA CADEA FORESTAL

Noutra orde de cousas, o Consello avaliou un informe da Consellería do Medio Rural no que se constata un incremento na facturación da cadea forestal da madeira, que alcanzou o seu máximo histórico en 2021 con 2.578 millóns de euros.

A cifra de 2021 supón unha alza do 25 % respecto de 2020. Así mesmo, estímase que esta facturación alcanzará ao redor dos 2.800 millóns en 2022.

O Goberno galego consolídase como potencia forestal en España, co 56 % das curtas de madeira a nivel estatal, segundo datos do ano 2020.

A axenda da Xunta de impulso á industria forestal-madeira contempla un orzamento de 55,5 millóns, cunha mobilización global de 140 millóns de euros.

Vista aérea dunha concentración parcelaria
Vista aérea dunha concentración parcelaria | Fonte: Campo Galego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xosé

E as de Agolada...para cando? Agardando dende 2009 que se publican as DIAs

1 Clemente Cantariño

Y en Muros den San Pedro, cuando viene??