Eliminar o IVE dos produtos pesqueiros e non conceder axudas aos barcos en función dos metros de eslora, demandas do BNG

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2023 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O BNG demandou a eliminación do IVE aos produtos pesqueiros e a reestruturación das axudas ao combustible das embarcacións como medidas para apoiar ao sector da pesca "ante a subida desproporcionada dos prezos e a situación de crise que atravesa".

O deputado frontista no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas orientadas a que "ningunha embarcación" quede excluída das axudas directas para o combustible pesqueiro e "non se produzan agravios" entre caladoiros ou artes menores.

Os nacionalistas galegos lembran a baixada do IVE aprobada polo Goberno central, aínda que alimentos como o peixe quedaron fóra destas medidas, unha cuestión que xa fora denunciada polos nacionalistas.

O Bloque lembra que esta petición xa foi secundada mesmo antes, no ano 2021, polo Parlamento de Galicia, ademais doutras entidades, e apunta que xa se adopta noutros países da contorna. Así, os nacionalistas recalcan que ademais de favorecer ao propio sector, ao incrementar as vendas, tamén repercute "positivamente" na poboación, porque contribúe a fomentar o consumo de produtos do mar e manter unha dieta máis saudable.

COMBUSTIBLE

En canto á axuda ao combustible, o BNG denuncia que ao empregarse como criterio os metros de eslora, vanse a producir "agravios" importantes, ademais de "prexudicar de maneira importante" ás que forman parte do censo en Galicia, as artes menores. Tamén están excluídas as que non están ao corrente na Seguridade Social ou Facenda, "un número non menor xa que a actual situación de crise non permitiu que todas puidesen facelo".

Ademais, incluso faenando no mesmo caladoiro, coas mesmas artes e mesmos tripulantes, "establécense diferenzas significativas" entre embarcacións polo tipo de eslora.

Por iso, Néstor Rego advirte de que se "necesitan medidas eficaces que apoien de verdade ao sector pesqueiro, un sector importante en países como Galicia e que leva décadas inmerso nunha profunda crise", salientou.

Pescadores descargan o peixe e o marisco capturado no Porto de Burela, a 21 de decembro de 2022
Pescadores descargan o peixe e o marisco capturado no Porto de Burela, a 21 de decembro de 2022 | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta