O exalcalde da Coruña seguirá fóra da política: "Estou centrado na Facultade de Dereito"

Foi preguntado se recibiu algunha oferta por parte da ministra de Traballo, Yolanda Díaz.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2023 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

O exalcalde da Coruña Xulio Ferreiro, da Marea Atlántica, descartou unha posible volta á política, ao ser preguntado se a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, ofreceulle a posibilidade de formar parte do proxecto de 'Sumar'.

Cuestionado por isto e se había algunha decisión tomada a este respecto, Ferreiro manifestou que no seu caso está "centrado na Facultade de Dereito", da que é decano na Universidade da Coruña (UDC).

"É o que me toca nos próximos anos, non teño ningunha outra perspectiva por agora", dixo a preguntas dos medios de comunicación antes de intervir na inauguración dunhas xornadas sobre política enerxética.

Xulio Ferreiro
Xulio Ferreiro | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta