Morre un motorista na mesma estrada do tráxico accidente do autobús de Noiteboa

O home de 52 anos faleceu nesta vía de Cerdedo-Cotobade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2023 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

Un home de 52 anos faleceu na mañá deste venres ao sufrir unha caída cando circulaba en moto pola estrada N-541 ao seu paso pola parroquia de Tenorio, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.

O accidente tivo lugar minutos despois das 09,30 horas deste venres no punto quilométrico 82 da estrada nacional que une as capitais provinciais de Pontevedra e Ourense, segundo trasladaron fontes dos servizos de emerxencias.

O falecido é un home de 52 anos veciño de Marín que circulaba en sentido Ourense cando sufriu unha caída que lle fixo saírse da vía pola marxe contraria da estrada. Desprazados ao lugar tras recibir o aviso de mans da central de emerxencias, os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 trasladaron ao motorista ata o Hospital Montecelo, onde faleceu.

A 16 QUILÓMETROS DE PEDRE

O accidente tivo lugar na mesma estrada nacional onde se produciu o tráxico sinistro dun autobús o día de Noiteboa que deixou sete falecidos ao precipitarse polo viaduto de Pedre, a uns 16 quilómetros de Tenorio.

Por mor deste suceso, alcaldes dos municipios polos que transita a N-541 uníronse para impulsar un pacto en demanda de melloras nesta estrada, que consideran que necesita unha remodelación integral polo estado no que se atopa, entre outras cuestións, o seu asfalto.

Accidente de tráfico cun motorista implicado
Accidente de tráfico cun motorista implicado | Fonte: GARDA CIVIL DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta