O PSdeG cambia de discurso sobre a volta de Besteiro para centrarse nas municipais

Lage di que "non toca" falar do candidato á Xunta e destaca que o seu partido "ten moito banco".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2023 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage, argumentou que o seu partido está "centrado ao cento por cento en preparar as mellores candidaturas para as eleccións municipais" e "non toca" falar do seu candidato aos comicios autonómicos. No entanto, destacou que os socialistas galegos teñen "moito banco e moito equipo".

"A nosa aspiración é gobernar a máis da metade de Galicia, é o primeiro paso para gañar as eleccións xerais e despois para gañar tamén as autonómicas". Así o manifestou a preguntas dos xornalistas sobre a posible candidatura de José Ramón Gómez Besteiro, exsecretario xeral dos socialistas galegos, á presidencia da Xunta.

Cuestionado sobre as súas propias declaracións nas que reivindicaba a volta de Besteiro a "primeira liña" da política tras o arquivo provisional da última causa xudicial que tiña pendente, Lage explicou que "non se debe confundir reparar e desagraviar a un compañeiro que sufriu unha persecución xudicial con que ocupe tal ou cal posto". "Eu non fale de ningún tipo de posto", insistiu.

Neste sentido, destacou que o PSdeG ten "moito banco e moito equipo". "O que vemos é ao PP un pouco preocupado", apostilou. Ao fío destas declaracións, Lage reiterou que existiu unha "persecución xudicial" a Besteiro por parte da xuíza Pilar de Lara, quen actuou "de mala fe e arbitrariamente" e "instigada" por Elena Candia, a presidenta do PP en Lugo e candidata á Alcaldía nesta cidade, a quen tachou de "inmoral". "Non se pode permitir a impunidade", denunciou.

O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuña / PSDEG. / Europa Press
O secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuña / PSDEG. / Europa Press

"MAZÁ PODRECIDA"

Ao fío destas declaracións, Lage reiterou que existiu unha "persecución xudicial" ao expresidente da Deputación de Lugo por parte da xuíza Pilar de Lara, contra a que cargou con dureza.

Non en balde, afirmou que actuou "de mala fe e arbitrariamente" e "instigada" por Elena Candia, a presidenta do PP en Lugo e candidata á Alcaldía nesta cidade, a quen tachou de "inmoral". "Non se pode permitir a impunidade", denunciou.

Na súa intervención, puxo "un exemplo" e afeou que a maxistrada lle atribuíu no seu día un suposto delito vinculado con viaxes de 2006 cando el "non tomou posesión ata un ano despois".

"Cando unha xuíza actúa así, faino de mala fe, arbitrariamente e a propósito", asegurou, antes de comparar o que, ao seu modo de ver, sucede na política coa xustiza. "Na política, a inmensa maioría da xente é honorable, aínda que seguramente hai unha mazá podrecida. Pois na xudicatura, a maior parte dos xuíces son xente honorable que fai ben o seu traballo, pero iso non impide que haxa persoas como a señora de Lara que sexan unha mazá podrecida dentro do ámbito xudicial", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta