Os socialistas responsabilizan á Xunta da perda de 4,3 millóns en axudas por danos ocasionados polo lobo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2023 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Martín Seco, dixo este venres que a decisión do Goberno galego de quedar fóra da Estratexia para a conservación e xestión do lobo, aprobada na Conferencia Sectorial do 28 de xullo, provocou que Galicia perda 4,3 millóns de euros do goberno central para indemnizacións aos gandeiros.

O responsable socialista presentou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que apunta que Galicia é a única autonomía do norte que non subscribiu a devandita Estratexia. Esta decisión fixo que, xunto con Madrid, que se adheriu o 22 de decembro, tras o peche contable, "sexan as únicas dúas autonomías excluídas dos fondos do Ministerio para a Transición Ecolóxica para a protección do gando e indemnizacións dos danos ocasionados polo lobo", afirma o sociaista.

Seco advirte de que "a lamentable decisión do Goberno galego deixa aos gandeiros unicamente coas axudas convocadas pola Xunta con fondos propios", que ascenden a 1,75 millóns de euros, unha partida que segundo as organizacións agrarias é "totalmente insuficiente" para previr os danos da fauna salvaxe nas explotacións gandeiras galegas.

A inclusión na estratexia, di Martín Seco, "non impedía que o Goberno galego puidese seguir con recursos e o posicionamento que quixese" sobre a xestión do lobo, pero "permitiría beneficiarse da repartición orzamentaria para as medidas de prevención e indemnización por danos do lobo ao gando, o que suporía máis de 4,3 millóns de euros para o territorio".

Lobo ibérico
Lobo ibérico | Fonte: CSIC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta