Eliminado un punto de vertedura de augas residuais domésticas no Concello do Pino

O persoal inspector localizou o foco irregular no lugar de Alvarín, procedente dunha vivenda unifamiliar, vertendo directamente á vía pública.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2023 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertedura de augas residuais domésticas que se producía na parroquia de San Miguel de Pereira, no municipio coruñés do Pino.

O punto de vertedura foi detectado polo persoal do Programa de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, durante tarefas rutineiras de inspección que levan a cabo nos distintos termos municipais do ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

O persoal inspector localizou o foco irregular no lugar de Alvarín, procedente dunha vivenda unifamiliar, vertendo directamente á vía pública. A Xunta informou ao titular da necesidade de proceder á adopción das medidas precisas para emendar o mesmo

Nunha nova inspección da zona, o persoal de Augas de Galicia verificou a finalización do foco de augas residuais ao dominio público hidráulico, en cumprimento do requirimento efectuado.

Verteduras da mina de Varilongo
Verteduras da mina de Varilongo | Fonte: Contraminacción

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta