Un petroleiro atraca no peirao de Trastlánticos da Coruña por unha emerxencia

Por E.P. | A CORUÑA | 16/01/2023 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

O buque petroleiro Rosy atracou ás 9,46 horas deste luns no peirao de Transatlánticos da Coruña, despois de que un dos seus 18 tripulantes sufrise unha caída a bordo.

Segundo trasladou Salvamento Marítimo a Europa Press, ás 4,50 horas recibiron o aviso dunha emerxencia sanitaria que requiría acudir a un centro hospitalario.

Este buque en lastre, que partira de Aveiro e ía a Bilbao, atopábase á altura de Fisterra  no momento no que se produciu o accidente. Deste xeito, Salvamento Marítimo indicou que á chegada do buque ao porto xa había unha ambulancia esperando ao tripulante, que foi trasladado ao Hospital Modelo.

Petroleiro atracado en Vigo onde viaxaban uns polisóns
Petroleiro atracado en Vigo onde viaxaban uns polisóns | Fonte: MN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta