Abre o prazo para participar na segunda edición da aceleradora de internacionalización de pemes

Poden presentarse proxectos ata o 28 de febreiro a través da web https://www.tecnopole.es/galiciaavanza/.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/01/2023 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

A segunda edición da aceleradora de internacionalización de pemes Avanza, que impulsan a Xunta e Tecnópole, abriu o prazo de presentación de proxectos, que poden presentarse ata o 28 de febreiro a través da web https://www.tecnopole.es/galiciaavanza/.

Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, poderán participar unha trintena de empresas innovadoras ou de base tecnolóxica. Á hora de seleccionar ás pemes beneficiarias, valorarase o potencial de internacionalización e o grao de innovación dos seus produtos ou servizos, así como o potencial crecemento no mercado exterior.

Entre as novidades desta edición, inclúese que se incentivará a participación de empresas que non teñan axudas previas da Axencia Galega de Innovación (Gain) e de Tecnópole, do mesmo xeito que a porcentaxe de mulleres nos seus cadros de persoal.

O obxectivo é que solucións innovadoras de calquera sector cheguen ao mercado exterior no menor prazo posible. As pemes seleccionadas accederán a un programa integral de apoio á internacionalización de oito meses de duración.

Por outra banda, a Xunta informou de que avanza na organización da terceira edición da aceleradora de 'startups' turísticas para este ano. Así, destaca o "éxito" da anterior edición, na que se inscribiron 117 iniciativas.

Aimen participa nun proxecto europeo para impulsar a implantación e o uso de tecnoloxías fotónicas nas pemes
Aimen participa nun proxecto europeo para impulsar a implantación e o uso de tecnoloxías fotónicas nas pemes | Fonte: AIMEN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta