O que debes saber para renovar a túa casa e sobrevivir no intento

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 18/01/2023 | Actualizada ás 04:00

Comparte esta noticia

Despois do enorme gasto que supón mercar un novo fogar, poucas persoas teñen a posibilidade de decorar as súas casas como desexan, amoblando e decorando entón con aquelo que teñen á súa disposición inmediata. Poucas veces se ten a oportunidade de deseñar a casa soñada dende cero e a maioría remata por habitar o mesmo tipo de fogar onde predominan as cores neutras e un deseño máis ben utilitario.

Persoas tratando de remodelar a súa vivenda
Persoas tratando de remodelar a súa vivenda | Fonte: Commons

Non é unha sorpresa, por iso, que sen importar o tempo que se teña nunha casa ou departamento, sempre chegue ese momento no que se debe facer unha renovación. Unha casa vella ou con mal deseño pode causar máis problemas dos que aparenta, causando desconfort no día a día.

Hai moitas maneiras de decorar con diferentes presupostos e moitas persoas recorren a préstamos para solucionar os inconvintes máis graves, como problemas na estrutura ou tubaxes. Podes pedir un préstamo rápido aquí  para realizar os arranxos máis necesarios, xa que algunhas cousas sempre é mellor deixalas nas mans dun profesional.

A casa é o sitio máis íntimo e seguro que as persoas posúen. Ser dono dese espacio e facelo á túa medida, aínda que non o pareza, é unha inversión significativa. A sensación de confort trasládase do espazo á túa rutina diaria, aliviando o estrés e a ansiedade. Un ambiente agradable produce benestar para o corpo e a mente, manténdose motivado e enérxico.

Sen embargo, poder remodelar un espazo, xa non digamos unha casa ao completo, é unha tarefa moito máis complexa do que algúns se poden imaxinar. Se non se ten ningunha experiencia en decoración, non se recomenda subestimar a tarefa, ou se descobre polas malas por que os deseñadores de interiores teñen tales honorarios. 

Antes de comezar a comprar mobles, adornos, pintura e pensar en romper ca parede da cociña, é importante que teñas unha planificación que identifique os puntos esenciales de renovación e que che permita guiarte no proceso.

DEFINE AS PROBLEMÁTICAS

Ao igual que en calquera proxecto, o paso inicial é definir que problemas posúe o teu fogar, que non che gusta a nivel de decoración, distribución de espazos, e definilo de forma concreta. Se non se realiza esta tarefa podes rematar cun resultado final que non responda a ningunha das túas verdadeiras necesidades, tendo acabado co presuposto sen ter un resultado satisfactorio.

A especificidade é crave, e para iso vaise dende problemas xerais a causas específicas. Por exemplo, a casa é moi escura, precisa iluminación. Moi ben, ese é un problema xeral. Agora, que causa esta falta de luz? Pódense ter cortinas moi pesadas e escuras, longos corredores sen ventás, un piso de madeira escura que non reflexe a luz... Segundo o exemplo, temos unha problemática xeral con causas multifactoriais, algunhas que se poden cambiar doadamente e outras polas que hai que tomar solucións alternativas.

As cortinas poden mudarse, optar por persianas ou unhas máis traslúcidas e ver se iso soluciona o problema sen ter que ocuparse do chan, mentres que se pode mudar a iluminación do corredor por unhas que semelle máis á luz natural, como as lámpadas longas de teito.

IDENTIFICA O ESTILO QUE QUERES

Máis aló das problemáticas, sempre hai cousas específicas que non respostan a nada máis que ao gusto persoal. Podes querer pintar unha parede de rosado, ter plantas ou ese sillón de coiro que sempre desexaches. Como equilibras todos os elementos que queres para que a casa se vexa ordenada e homoxénea? O primeiro é non ter medo a saírse do molde.

Dende comezos do século XXI reinou o branco, negro e beige para a decoración de interiores e, sinceiramente, xa a comezos da terceira década do século moitos vanse despedindo do deseño de revista para darlle aos seus fogares un toque máis persoal. 

As redes poden ser o teu mellor aliado neste proceso. Utiliza sitios web como Pinterest ou ferramentas de cor como as pantone para identificar un estilo que vaia contigo. É moito mellor definir unha paleta de cores, materiais e mobles, que casarse cun estilo predeterminado como nórdico ou industrial, pois iso permíteche a flexibilidade de aplicar a túa identidade.

ESTABLECE NEGOCIABLES E NON NEGOCIABLES

Como nas relacións, para todo hai que definir que estás disposto a negociar e en que te mantés firme. Neste caso non é diferente, máis aínda se notas que o que desexas se sae do orzamento ou que as outras persoas coas que convives na casa teñen outras preferencias. Para este punto é vital que se estableza a funcionalidade de prioridade, seguido pola facilidade.

Os cambios estruturais que requiren permisos de arquitectos e enxeñeiros, como pode pasar en apartamentos que queren agrandar espazos, poden ser pospostos fronte a outras reparacións como pintar paredes ou mudar o mobiliario.

O equilibrio entre funcionalidade e estilo é esencial, podes usar unha 'app' que che axude a visualizar como vai quedando o teu deseño, como You Can Deco, para asegurarte de que a casa sexa cómoda para habitar e, á súa vez, non pareza que ten falta de personalidade.

Isto quere dicir que tomes en consideración o tamaño da túa sala antes de mercar o sofá, que é boa idea agregar pops de cor en coxíns ou cadros se todas as túas paredes son brancas, e que ás veces é preciso sacrificar unha mesa de almorzo a cambio de espazo extra na cociña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta