A Consellería de Mar acabará nos tribunais se o Estado frea a lei galega de litoral

A conselleira Rosa Quintana defende que Galicia poida "ir ao máximo das súas competencias" para ordenar o litoral, pois lembra que o Consello Consultivo avalou a legalidade deste texto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defende que a futura lei galega de litoral está "dentro do marco competencial" que ampara a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia. "Acabaremos nos tribunais se o Estado pretende acabar nos tribunais", afirmou.

Así se expresou antes de participar nunha reunión en Santiago con representantes da cadea mar-industria para exporlles as claves deste anteproxecto, que "nace para ordenar o litoral" e "dar seguridade xurídica" ás empresas para os seus investimentos.

Recentemente, o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, cualificou, nunha entrevista na Cadea SER, esta lei como "case unha declaración de independencia". Con todo, Rosa Quintana pide ao Estado que "recapacite", "lea a lei" e "vexa que está dentro da Constitución".

A conselleira defende que Galicia poida "ir ao máximo das súas competencias" para ordenar o litoral, pois lembra que o Consello Consultivo avalou a legalidade deste texto. "Non imos para nada máis aló do que son as nosas estritas competencias", deixa claro.

Nesta liña, considera que non se debe "estar pendentes de convocatorias electorais", senón lexislar en favor de melloras e dotar de maior seguridade os investimentos da cadea mar-industria no tocante a instalacións na franxa costeira. Así mesmo, a conselleira do Mar animou ao sector a participar con achegas na elaboración da lei, cun anteproxecto que está en trámite de información pública ata o 20 de xaneiro.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reúnese con representantes do sector mar-industria. XOÁN CRESPO
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, reúnese con representantes do sector mar-industria. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta