O Concello da Coruña presenta en Fitur unha oferta baseada na sustentabilidade e a acción cultural

A alcaldesa, Inés Rey anunciou que grazas ao Plan de Sustentabilidade Turística, A Coruña disporá dun bus turístico eléctrico que permitirá percorrer todo o litoral da cidade de maneira cómoda e eficiente.

Por E.P. | A CORUÑA | 18/01/2023 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou na feira de turismo Fitur a estratexia turística da Coruña para este 2023, baseada na sustentabilidade, a internacionalización e a acción cultural.

A rexedora presentou a nova imaxe do Consorcio de Turismo e Congresos e repasou os grandes fitos dos próximos meses. "Somos un destino onde conviven en poucos metros a natureza máis rotunda do noso mar e a cultura máis avanzada dos nosos museos, eventos culturais e os nosos grandes acontecementos", sinalou.

Os eixos da política turística da Coruña para 2023 serán a sustentabilidade, a internacionalización, o turismo de congresos e eventos e a oferta cultural.

A alcaldesa anunciou que grazas ao Plan de Sustentabilidade Turística, apoiado polo Ministerio de Turismo e a Xunta de Galicia, A Coruña disporá dun bus turístico eléctrico que permitirá percorrer todo o litoral da cidade de maneira cómoda e eficiente.

Entre outras actuacións, anunciou tamén a mellora do percorrido do Camiño Inglés da cidade, dentro da aposta do goberno municipal pola posta en valor do patrimonio. "Somos unha cidade con personalidade, orgullosa e aberta, cun carácter vangardista e moito que ofrecer como gran capital atlántica", expuxo tamén.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta a oferta turística da cidade en Fitur. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta a oferta turística da cidade en Fitur. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta