CIG: "Inditex pecha tendas non por perdas senón para obter máis beneficios á conta das traballadoras"

Convocan folga indefinida en Massimo Dutty do centro comercial As Cancelas, en Santiago, tras o anuncio de peche.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2023 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

A CIG convocou folga indefinida a partir do luns 23 na tenda de Massimo Dutty que Inditex ten no centro comercial das Cancelas. A convocatoria prodúcese despois de que a multinacional comunicase a súa decisión de pechar este centro de traballo, segundo apunta a central nacionalista.

A representante da CIG-Servizos, Carmiña Naveiro, explica que "esta non é a única tenda que a empresa decidiu pechar" e asegura que entre o martes 17 e o mércores 18 tamén anunciou a súa intención para os Bershka de Vilagarcía e Pontevedra e Kiddy's Class de Vigo, o que afectará, segundo os seus números, a 45 traballadoras. "Para xustificar esta medida, a empresa ampárase unha vez máis no acordo alcanzado con CC.OO. e UGT sobre o proceso de dixitalización das vendas", apunta a organización sindical.

De feito, fontes de Inditex consultadas por Europa Press sinalan que "o peche desta tenda forma parte do plan de optimización da superficie comercial e todos os traballadores afectados van recibir ofertas de recolocación noutras tendas, como vén sendo a norma en todos os casos en que se produciron peches e como foi acordado cos sindicatos a nivel nacional".

Este acordo, segundo a CIG, "permítelle pechar tendas non porque dean perdas senón para obter máis beneficios á conta das traballadoras". A CIG critica que os peches "non van acompañados dun proceso de recolocación con garantía de mantemento do emprego e de condicións laborais e salariais".

Unha pancarta coa lema 'Folga en Inditex. Dependentas en loita' durante a manifestación de traballadoras de Inditex. M. Dylan - Europa Press
Unha pancarta coa lema 'Folga en Inditex. Dependentas en loita' durante a manifestación de traballadoras de Inditex. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta