Estas son as recomendacións que tes que seguir para evitar que che aparezan frieiras no inverno

Coñecidas como sabañón en castelán, son unha inflamación con dor e proído que aparece normalmente nos pés

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2023 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

As frieiras -ou sabañón en castelán- son unha inflamación acompañada de dor e proído, que se aprecia a simple vista pola súa cor vermella violácea e afecta especialmente a nenos, persoas maiores e diabéticos en inverno. Aínda que normalmente aparecen nos pés, tamén se poden dar nas mans e nas orellas.

Frieiras nos pés - Podoactiva
Frieiras nos pés - Podoactiva

Por iso, O Colexio de Podólogos de Galicia recomenda calzado e calcetíns illantes, evitar contrastes de frío-calor e activar a circulación para previr as frieiras. Aconsella no fogar usar zapatillas de casa con boa suxeición, amortecemento e antiesvarante na sola, de materiais transpirables, sen tacón e renovalas cando estean gastadas para evitar fascite plantar, escordaduras o metatarsalxias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta