Os maiores de 65 anos representan o 26% da poboación galega

A comunidade leva doce anos coa pirámide poboacional en descenso.

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 24/01/2023 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Galicia perdeu en 2022 un total de 5.181 habitantes ata situarse en 2.690.464 residentes na comunidade, dos cales, o 26,1 por cento teñen máis de 65 anos ao crecer este tramo etario da poboación en case 8.500 persoas en só un ano.

Segundo os datos do padrón continuo publicados este martes polo Instituto Nacional de Estatística, Galicia pechou de novo outro ano con perda de poboación. Así, encadea doce anos coa súa pirámide poboacional en descenso coa única excepción de 2020, no que se experimentou un leve repunte duns 2.500 habitantes. Desde 2010, a comunidade perdeu máis de 107.000 residentes, poboación similar á de Ourense, terceira cidade de Galicia en volume de habitantes.

Ademais, a poboación da comunidade é máis vella. Os maiores de 65 anos son xa o 26,1% do total, cun incremento de 8.490 persoas en comparación con hai un ano ata situarse en 702.630. Pola súa banda, baixan os menores de 15 anos en 5.714 --327.964 en total-- e en case 8.0000 os que teñen entre esa idade e os 65 anos --1.659.870--. Pese ao descenso da poboación total, aumenta o número de persoas estranxeiras que residen en Galicia. Son xa 118.740, 4.206 máis que ao peche de 2021.

PROVINCIAS

O catro provincias perderon poboación en 2022. O descenso é máis acusado tanto en termos totais como porcentuais na provincia de Lugo, que cae ata os 323.989 habitantes despois de pechar o ano con 2.024 residentes menos que doce meses atrás.

As provincias atlánticas, A Coruña e Pontevedra, concentran máis do 76% da poboación total da poboación galega, pero tamén viron diminuír os seus habitantes.

Así, A Coruña ten agora 1.119.180 residentes, 954 menos que ao termo de 2021; mentres que Pontevedra perdeu 1.260 habitantes ata situarse en 943.015. A poboación de Ourense, pola súa banda, baixa a 304.280 persoas, 943 menos que hai un ano.

POBOACIÓN ESTRANXEIRA

A tendencia é a contraria en canto á poboación estranxeira, que se incrementa no catro provincias. A Coruña mantense á fronte con 46.548, 300 máis que ao termo de 2022.

En Pontevedra residen 38.808 persoas de orixe foránea (unhas 800 máis que hai un ano), mentres que en Lugo son 16.859 (máis 450) e en Ourense, 16.525 (máis 450).

Unha muller maior camiña preto das inmediacións da residencia xeriátrica das Gándaras, a 17 de abril de 2021, en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press
Unha muller maior camiña preto das inmediacións da residencia xeriátrica das Gándaras, a 17 de abril de 2021, en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta